Skip to content

dúbida sobre validación de frases con pausas en commonvoice (opción "Escoite") #1

Description

@abubelinha

Ola.
Teño dúbidas sobre como proceder con algunhas das frases que escoito nesta páxina:
https://commonvoice.mozilla.org/gl/listen

Hai casos nos que entendo perfectamente cada unha das palabras da frase pronunciada.
Pero a voz non interpreta correctamente os signos de puntuación que aparecen -ou non- na frase escrita (eliminando ou -máis frecuentemente- introducindo pausas no momento da lectura).

Texto escrito O que eu escoito problema
Con el rematamos. Con el, rematamos. introduce pausa
Non é só responsabilidade duns ou doutros Non é só responsabilidade duns, ou doutros introduce pausa
O home quixo saber algo máis da vida que Roxelio facía en Barcelona. O home quixo saber algo máis, da vida que Roxelio facía en Barcelona. introduce pausa
É un pastel de chocolate pequeno típico da gastronomía dos Estados Unidos de América. É un pastel de chocolate pequeno típico, da gastronomía, dos Estados Unidos de América. introduce pausa
O cal constituía unha situación excepcional naquel período histórico. O cal constituía, unha situación excepcional, naquel período histórico. introduce pausa
O mal tempo en agosto no canto de escorrentar aos turistas e visitantes, atráeos O mal tempo en agosto no canto de escorrentar aos turistas e visitantes atráeos elimina pausa

As palabras enténdense perfectamente e sospeito que moita xente aceptaría algunhas destas frases como válidas.

En caso de dúbida sempre podemos "saltar" a frase, pero estaría ben engadir este tema das pausas nas directrices que aparecen aquí en Galego (sospeito que traducidas do Inglés, aínda que non o teño moi claro):
https://commonvoice.mozilla.org/gl/guidelines?tab=voice

Neste foro falan algo máis do tema, pero unicamente en Inglés (penso que é onde se discuten as directrices que aparecen na versión orixinal do enlace anterior):
https://discourse.mozilla.org/t/discussion-of-new-guidelines-for-recording-validation/36465

Activity

Sign up for free to join this conversation on GitHub. Already have an account? Sign in to comment

Metadata

Metadata

Assignees

No one assigned

    Labels

    No labels
    No labels

    Type

    No type

    Projects

    No projects

      Milestone

      No milestone

      Relationships

      None yet

      Development

      No branches or pull requests

      Issue actions